Auditoría


O modelo Polígono Empresarial de Calidade esixía contar con entidades líderes que lograsen achegar os factores esenciais de valor e prestixio nas áreas empresariais


Rigor e fiabilidade

Para lograr que a marca Polígono Empresarial de Calidade se afiance como un modelo coa máxima fiabilidade e rigor, CEPE decidiu aliarse con AENOR como entidade líder e de referencia tanto a nivel nacional como internacional no ámbito da certificación de sistemas.

Asegúrase así, ó mesmo tempo, que AENOR achegue a independencia e a obxectividade na avaliación do cumprimento dos requisitos definidos, mentres que CEPE achega o rigor e o valor recoñecido adicional á marca e ós polígonos que a posúen.

Cooperación e sinerxias para o modelo

Ademais, esta alianza permite a cada unha das dúas entidades achegar a máxima cooperación e sinerxias ó modelo, centrándose no seu expertise e especial valor.

Por un lado, CEPE céntrase na súa área de experiencia, promovendo a procura da excelencia na xestión de áreas empresariais, buscando e fomentando novas fórmulas e contidos que fagan destes espazos os principais factores económicos do territorio, á vez que segue explorando novos servizos e novos contidos para facelos máis competitivos.

E por outro, AENOR céntrase en achegar a súa especialización e os seus profesionais altamente cualificados no ámbito da auditoría e certificación para garantir unha aplicación e valoración homoxénea do cumprimento dos requisitos establecidos na especificación.

Deste xeito, á vez que traballan xuntos cada un desde a súa perspectiva, o obxectivo de mellorar o enfoque de creación de valor da marca para estos espazos empresariais e as empresas que se asintan neles será cada vez máis evidente e forte.


Grazas a esta cooperación estratéxica definiuse un sistema que se centra nos cinco niveles de requisitos que a Marca considera como esenciais para recoñecer e evidenciar a calidade dun polígono empresarial.

Estes factores asumen un esquema piramidal, partindo dos aspectos urbanísticos e legais ata a involucración coa sociedade e o territorio no que se atopa aquel instalado.

Deste xeito, a marca Polígono Empresarial de Calidade céntrase en validar os contidos e analizar a achega de valor de cada polígono, atendendo a unha mellora continua e a un modelo de utilidade e servizo empresarial e público.

Unha vez finalizado o proceso de auditoría, AENOR emitirá o seu informe que trasladará ó Comité de Certificación, órgano colexiado encargado de decidir, aprobar ou denegar a concesión da marca