Calquera tipo

 

Dirixida a calquera tipo de área empresarial

 


Dende CEPE ése consciente de que as dimensións ou o número de empresas non é un requisito imprescindible para que un polígono sexa ou non de calidade, ó igual que tampouco é esixible unha superficie ou un número de empresas mínimos para que se poida atender dunha maneira máis dilixente ás demandas reais da súa actividade e do seu territorio en inferiores condicións que outros con maior dimensión.

Por iso, o modelo entende e quere recoñecer o esforzo que se fai dende diferentes organizacións en polígonos de poucas empresas ou cunha superficie de reducidas dimensións, téndose sempre presente á hora de entender a marca Polígono Empresarial de Calidade a verdadeira eficiencia destas áreas á hora de atender ás demandas e necesidades reais das súas empresas e axentes involucrados.

Todos somos conscientes que unha área loxística demanda ter uns servizos de infraestrutura viaria que seguramente non demanda un parque empresarial multiservizos. Ou non é o mesmo a humanización que ten que ter un parque comercial nunha área metropolitana de calquera das nosas grandes cidades respecto das esixencias que debe ter nese sentido un polígono industrial nun pequeno núcleo urbano máis reducido.


Con esta liña argumental, o modelo da marca Polígono Empresarial de Calidade está deseñado para certificar calquera tipo de área empresarial con independencia da actividade principal (industrial, comerciais, loxística...), tamaño, número de empresas, etc., así como a que a solicite tanto entidades públicas ou privadas estreitamente vinculadas co polígono.

É esencial, en todo caso, entender que CEPE busca con esta marca recoñecer o valor dun polígono para un municipio ou territorio, moito máis alá de que o seu tamaño sexa un ou outro.

En todo caso, o modelo ten en consideración o tamaño da área e a densidade de empresas asentadas para poder valorar o esforzo de análise e para poder dimensionar o propio proceso de auditoría.

A certificación de Polígono Empresarial de Calidade concédese de modo único e exclusivo ó polígono, polo que se se solicita por parte de dúas entidades para a mesma área, CEPE requerirá a ambas para que axunten os esforzos e aborden un proceso de certificación, promoción e mellora da área de maneira conxunta e coordinada, tendo prioridade, en todo caso, a primeira solicitude recibida no rexistro habilitado por CEPE

Dado que o modelo busca recoñecer ás áreas de actividade económica de valor e referencia, coa marca Polígono Empresarial de Calidade estes terán dereito de uso en toda a súa documentación oficial do selo nas súas distintas versións, así como ó emprazamento de elementos distintivos nos seus viais (bandeira, totems, ...) e no seu material promocional (páxina web, folletos...)

Tamén dará dereito preferente de acceso e en condicións especiais ás accións de formación que CEPE poña en marcha en materia de xestión e mellora de polígonos empresariais para as persoas integradas na entidade de xestión solicitante.

Ademais, recollerase e reflexarase á área empresarial no apartado de escaparate virtual da páxina web da Marca, así como en todas as accións de difusión que dende CEPE se realicen ou nas que participe en relación a esta materia.