Factores esenciais

 

Certifica os factores claves de calidade

 


A certificación céntrase daquela en evidenciar obxectivamente o cumprimento do conxunto de factores que, dende a experiencia, se entenden como esenciais para consideralo de calidade, dende os aspectos esenciais urbanísticos ata a prestación de servizos de valor e influencia social no territorio.

Lógrase así que, a marca Polígono Empresarial de Calidade, asuma e interiorice un proceso de abaixo a arriba nos principais factores que se identifican no modelo como esenciais para que calquera polígono se recoñeza como de calidade.

Requisitos de regulación urbanística

En primeiro lugar pártese da visión dos requisitos urbanísticos e de asunción da titularidade do polígono.

A marca, tal e como detalla, entende que un polígono que non cumpre con este requisito dificilmente pode ser de calidade. CEPE é consciente das múltiples situacións de falta de garantía xurídica e de indefensión que en moitos casos se atopan as empresas instaladas en algúns polígonos nos que ou ben non están recepcionados polos titulares finais ou ben non cumpren co concepto do solo urbano para poder realizar a súa actividade.

En todo caso, o obxectivo fundamental é asegurar e verificar que o espazo sobre o que se asenta o polígono está adecuadamente ordenado e regulado, evidenciándose a seguridade xurídica necesaria para o asentamento das empresas.

Requisitos de titularidade do espazo e as infraestruturas

Seguidamente, o Modelo céntrase en asegurar que as empresas instaladas ou que se instalen no polígono poden desenvolver a súa actividade con normalidade, comprobándose que existe un axente responsable claramente definido que asume a titularidade e as infraestruturas do mesmo.

Isto supón que as infraestruturas teñen que estar completamente en servizo para aquelas fases ou etapas executadas e onde xa estean asentadas as empresas.

Ademais, en relación coa titularidade, esta debe quedar evidenciada a través da documentación ou rexistros que se observen necesarios durante o proceso de auditoría.

Requisitos de infraestruturas e servizos básicos

Por outro lado, o modelo analiza tamén o nivel de cumprimento en materia de capacidade e estado das infraestruturas e demais servizos básicos.

Neste sentido, o obxectivo xeral é asegurar que as empresas instaladas ou que decidan instalarse no polígono empresarial dispoñan dunhas infraestruturas e un servizos básicos acordes á súa tipoloxía e actividade.

Entrarase, polo tanto, na valoración dos requisitos relativos á xestión e adecuación das infraestruturas en servizo (saneamento, abastecemento de auga, viais, alumeado público, telecomunicacións, etc.).

Cabe mencionar por último, que neste apartado darase tamén especial atención ós requisitos relacionados coas infraestruturas para emerxencias, aspecto que cada vez cobra máis importancia en todos os polígonos empresariais.



Requisitos vinculados á xestión dos servizos básicos

Estreitamente relacionado co punto anterior, o Modelo tamén entra na obtención de evidencias en todos os aspectos relativos ós servizos básicos.

Inclúense aquí os servizos para a mobilidade, a limpeza de zonas públicas, xestión de residuos ou servizos relacionados coa seguridade.

Para pechar este apartado, o proceso de certificación abarca tamén a obtención daquelas evidencias sobre as actividades de promoción e visibilidade do polígono empresarial que se leven a cabo, de tal modo que se poña de manifesto o coñecemento e a difusión entre potenciais clientes, así como para a propia posta en valor do mesmo e da súa contorna, empezando xa a procurar rexistros da súa influencia social e territorial.

Requisitos relacionados coa entidade de xestión

Neste apartado é o momento de evidenciar a labor e a actividade desenvolvida dende a entidade de xestión do polígono empresarial.

Aclarar, neste caso, que a Marca Polígono Empresarial de Calidade entende como entidade de xestión "aquela de carácter público, privado ou mixto, que ten capacidade e vocación de mellora das infraestruturas e servizos da área empresarial, ou que aglutina o interese ou la lexitimidade como representación das empresas e usuarios da área, coa capacidade de interlocución necesaria ante as partes interesadas".

Trátase entón, de asegurar que a área empresarial conta cunha entidade que a representa, actúa como a súa interlocutora e axunta os intereses e demandas das empresas nela asentadas, asumindo o seu liderado na relación con terceiros e na mellora das súas condicións.

Tamén se entra nesta sección no enfoque que a entidade de xestión dá ás demandas e necesidades das empresas instaladas, comprobando que dispón de información actualizada ó respecto.

Por último, o Modelo tamén analiza neste punto se a entidade de xestión desenvolveu, implantou e ten actualizado un sistema de xestión orientado a resultados e enfocado ás empresas.



Requisitos relacionados cos servizos de valor

Continúase o proceso de revisión do cumprimento dos niveis de calidade establecidos pola Marca asegurándose de que a entidade de xestión pon a disposición das súas empresas as mellores condicións para aqueles servizos de valor que estas demandan ou requiren, procurando en todo caso o equilibrio entre o uso dos recursos propios e a capacidade ou posibilidades de execución.

En todo caso, dentro deste apartado faise a correspondente distinción entre aqueles servizos prestados por ou a través da entidade de xestión e aqueles outros accesibles, priorizados e enfocados ás demandas das empresas e axentes involucrados a través de outras entidades coas que se colabore, primando en todo caso a eficiencia e as condicións de prestación dos mesmos.

Por último, aínda que non menos importante, o modelo tamén incide na avaliación dos requisitos relativos ó seguimento e mellora continua dos servizos de valor prestados, analizando a actividade abordada neste sentido.

Requisitos de influencia social

Neste último apartado, a Marca de Polígono Empresarial de Calidade incide en revisar e documentar a asunción que a entidade de xestión (e, polo tanto, o polígono) fai en materia de responsabilidade social, achegando á súa contorna un maior valor que o meramente económico, procurando tamén un maior arraigamento e consolidación dos lazos que contribúan a garantir a súa sustentabilidade no tempo.

O proceso de auditoría centrarase pois dentro da análise deste apartado, entre outros, nos requisitos relativos a liderado e compromiso, nos requisitos á consideración de necesidades e expectativas das partes interesadas, no apoio ó emprego e ó emprendemento, á comunicación e á propia colaboración e xeración de sinerxias.