O modelo


 

CEPE, coa alianza exclusiva de AENOR, lidera a única especificación de calidade desenvolvida para certificar polígonos empresariais como garantía de rigor e recoñecemento de valor

 


Principais características da Marca

Dirixida a calquera tipo de área empresarial

Máis

Certifica os factores esenciais de calidade

Máis

Cun proceso de certificación dinámico

Máis

Asentando o concepto de Territorio Intelixente

Toda a nova concepción que se está a observar na economía se asenta nun modelo en constante evolución para entender e adaptarse ás necesidades que as cidades, clientes e poboación demandan en todo momento, anticipándose na medida das súas posibilidades aos ditos cambios de xeito sostible e eficiente, optimizando os recursos ao seu alcance.

Nesta liña, entendendo que os polígonos deben ser a base desa economía, por ser o lugar onde se emprazan as empresas, CEPE asume como necesario avanzar a través da Marca Polígono Empresarial de Calidade cara un concepto de "territorio intelixente", de tal modo que se acade que estes espazos de valor se adapten tamén a ese principio de evolución ecoeficiente e de coñecemento adaptativo constante.

Para calquera entidade involucrada na mellora continua

Xustamente porque o importante é poder identificar os polígonos empresariais que achegan valor, a Marca non limita o tipo de entidade que pode solicitala.

Dende o punto de vista do modelo, é indiferente que a tramite unha asociación de empresarios ou usuarios, unha entidade de xestión ou de conservación, un concello ou outra administración.

O realmente importante é que se trate dunha entidade que teña entre os seus intereses a dinamización e a mellora continua do polígono a certificar, entendendo por elo que debe haber unha actividade diaria e unha xestión ordenada que se poida evidenciar ao longo do proceso de auditoría, lográndose así recoñecer o seu esforzo e dedicación para co seu territorio.

Servizo de diagnóstico previo para facilitar a implantación do Modelo

Como na implantación de calquera outro sistema de calidade, CEPE é consciente da necesidade de abordar un traballo intenso previo que incida na mellora continua.

Nesta liña, CEPE pon a disposición de todas aquelas entidades interesadas na mellora dos polígonos empresariais un servizo de diagnóstico previo, co fin de axudar e achegar o seu coñecemento na xestión e dinamización destes, dándolles apoio técnico presencial e personalizado que facilite o proceso de mellora continua, de evolución de xestión operativa e de aplicación das TIC. Deste xeito, conseguirase facer propios os principios de organización e dinamización que fagan dos seus polígonos espazos merecedores da marca Polígono Empresarial de Calidade, permitindo tamén que o proceso de certificación e auditoría sexa máis levadío e asumible en esforzo e dedicación de recursos.

Ademais, CEPE ten capacidade para achegar un alto valor engadido a través da súa metodoloxía e experiencia para facilitar a interiorización dos factores, métodos de traballo e compromisos das partes interesadas acordes co Modelo Polígono Empresarial de Calidade e lograr así contar con máis áreas empresariais enfocadas ao concepto de "territorio intelixente" que demandan as súas empresas e cidadanía.