Proceso certificación

Cun proceso de certificación homoxéneo e dinámico

 


Como se pode comprobar, o proceso de certificación da marca Polígono Empresarial de Calidade non atende a un método estrito e pechado.

De feito, a súa filosofía esencial é que sexa un modelo dinámico que se adapte segundo as propias características do polígono a auditar, recollendo as evidencias de conformidade cos apartados que reflexa a Marca e segundo o plan de acción e mellora asumido pola entidade de xestión.

Deste xeito lógrase que, en todo momento, se axuste ás características específicas da área a certificar, sendo o equipo experto auditor de AENOR quen recollerá e valorará todas as evidencias da conformidade cos apartados que a Marca recolle, así como o plan de acción asumido para a mellora continua que, en función das súas capacidades, debe interiorizar a entidade de xestión do polígono.

Isto implica realizar todas aquelas comprobacións, visitas de campo, reunións con partes interesadas e análise de outros factores que evidencien que se cumpren con todos os requisitos definidos na Marca, asumindo o equipo auditor a responsabilidade de lograr valorar de forma obxectiva todos e cada un de ditos requisitos, aplicando as metodoloxías e técnicas de auditoría consolidadas en AENOR.

Xustamente, pola experiencia e saber facer de case 20 anos, CEPE definiu e buscou un proceso de certificación áxil, dinámico e aberto pero á vez moi homoxéneo e coherente dándolle todo o valor que achega, sendo validado e contrastado por parte de AENOR como referencia neste ámbito.

O inicio do proceso arranca coa solicitude da certificación por parte da entidade ou conxunto de entidades que están directamente involucradas na xestión e dinamización do polígono correspondente.

Tal e como se pode comprobar, o modelo busca tamén a máxima colaboración e cooperación entre os axentes que interactúan no día a día dentro do polígono. Por iso, partindo da base de que é o polígono o que se certifica, o proceso só se pode abordar unha vez, polo que se atenderá á primeira solicitude recibida, non admitíndose posteriores peticións de outras entidades que se poidan ver involucradas co polígono en cuestión.

Tras o rexistro e aceptación da solicitude por parte CEPE, o modelo continúa xa coa interacción entre a entidade solicitante e AENOR, entidade certificadora de máximo nivel e referencia en España para garantir o proceso.

Nesta primeira fase é recomendable realizar un primeiro traballo interno de análise e comprobación de que se cumpren os prerrequisitos incluídos nun "check - list" definido entre CEPE e AENOR para facer máis levadío o proceso de auditoría posterior.

Este "check - list" facilitará posteriormente o traballo conxunto co persoal auditor de AENOR, que xa se poderá centrar máis especificamente no proceso de obtención das correspondentes evidencias e de comprobación de que se cumpren os requisitos establecidos, tanto a través de peticións específicas de documentos e rexistros, como a través de visitas ou reunións con axentes involucrados.

Unha vez rematada a labor de auditoría e emitido o informe favorable do persoal de AENOR, dáse traslado do mesmo ó Comité de Certificación, órgano que ten entre as súas competencias a concesión, suspensión, renovación ou revogación da concesión da certificación a todos e cada un dos polígonos, dirimindo todos os aspectos observados en cada caso particular baseándose no referido informe.


No caso de aprobación da concesión da certificación, é preciso recalcar que a mesma ten unha vixencia de 3 anos, podendo darse o caso de que se teñan que realizar durante dito periodo auditorías intermedias, xa sexa por que toque dentro dunha selección aleatoria ou ben porque se produzan evidencias ou circunstancias que así o estime o equipo auditor de AENOR